O venres 5 de outubro será a IV e última mostra de iniciativas de Covelo do ano 2018
A iniciativa do Concello de Covelo xunto coa Deputación de Pontevedra que pretendeu incentivar as iniciativas locais e os produtos de proximidade tivo moi boa acollida ata agora por parte da veciñanza e das persoas que venden os seus excedentes e probablemente continuará a próxima temporada.
Esta última xornada seguirá a venta directa e terminaremos con música infantil para que a escola infantil e o CEIP de Covelo poidan acercarse e coñecer as iniciativas do seu Concello.
O prazo de inscrición para a solicitude de postos estará aberto ata o dia anterior.
Poderá participar a veciñanza produtora según o “Decreto 125/2014 do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa de produtos primarios dende as explotacións á persoa consumidora final”, as asociacións e as empresas do Concello de Covelo.
Se queres participar ponte en contacto cos servizos sociais do Concello de Covelo ou no teléfono 986650027 ext 3.
A programación da IV MOSTRA DE INICIATIVAS DE COVELO o venres de 5 de outubro de 2018 será a seguinte: