Novas
Curso gratuito de capacitación como Traballador Forestal
- 11/07/2008 -
CURSO DE TRABALLADOR FORESTAL GRATUÍTO Azetanet, Consultoría e Formación situada na Coruña oferta un curso Traballador Forestal en Covelo orientado a traballar no Sector Forestal galego. A acción formativa está adaptada ás novas metodoloxías do mercado e ás demandas actuais das empresas e organizacións. A través do curso adquiriranse amplos coñecementos e habilidades para realizar actividades de reforestación, mantemento e explotación de bosques, vixilancia e control de espazos naturais e prevención e extinción de incendios. Durante o curso aboarase os gastos de desprazamento (estudarase cada caso de forma individual). Para poder participar nesta acción formativa é necesario superar unha selección con entrevista individual. CURSO: Traballador Forestal PREZO: Gratuíto, abóanse os gastos de desprazamento ENTREVISTAS SELECCIÀN DE ALUMNOS: Finalizan 21 de xullo de 2008 INICIO DO CURSO: 28 de xullo de 2008. MÁIS INFORMACIÀN: 635 287 245 (As prazas son limitadas)


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade