A boa xestión económica permitíu pechar o exercizo contable do 2021 cun remanente líquido de tesouraría de 900.000€ dos que o pleno da Corporación, a proposta do goberno, decidíu destinar parte do remanente á compra do serradoiro dos Carranos, ás obras de reforma do torreiro de Paraños, á adquisición dun novo camión para a recollida do lixo, á mellora dos sistemas de abastecemento de auga potable e á compra de novas ferramentas para o desbroce de camiños e estradas de titularidade municipal.
Adquisición de patrimonio histórico e mellora da oferta turística
Co obxectivo de protexer e seguir traballando na posta en valor do patrimonio histórico, o Concello investirá 112.000€ na adquisión das parcelas e das edificacións do serradoiro hidráulico tradicional dos Carranos. “Este conxunto que alberga, ademais, unha aula da natureza forma parte da historia, non só da familia propietaria, tamén das xentes do noso pobo e, na actualidade, é un importante atractivo turístico que potenciamos coas visitas e xornadas de portas abertas”, explica o alcalde Pablo Castillo.
Mellora do espazo público
Ademais, a boa relación coas distintas administracións permitíu obter o apoio financieiro para executar as obras de reforma da praza de Paraños valoradas en 415.000€, dos que o Concello aportará 41.500€ con cargo ao remanente e o plan REACPON da Deputación de Pontevedra o restante.
Novo camión de recollida de lixo
Con cargo ao remanente de tesourería do Concello de Covelo tamén se financia a compra dun novo camión de recollida de lixo que se incorporará ao servizo público nos vindeiros meses. O custe desta nova adquisión é de 145.200€. “O camión grande de recollida de lixo ten xa 10 anos de antigüidade e está sufrindo moitas avarías co que é economicamente insostible o seu mantemento e fai necesaria a urxente adquisición dun novo que responda ós requirimentos da correcta prestación do servizo”, engade Castillo.
Protección contra incendios e desbroce de camiños
A estas adquisicións e melloras súmanse, con cargo ao remanente, a compra dun brazo desbrozador para o tractor municipal que nestes días realiza traballos de limpeza en estradas e camiños municipais contribuíndo tamén á prevención de incendios. Esta nova ferramenta supón un investimento de 19.375€.
Implementación de tecnoloxía no abastecemento de auga potable
Ademais, o concello de Covelo avanza no Plan Municipal de Abastecemento de auga e inviste 50.520€ en tecnoloxía de última xeración que garante unha mellora da calidade e do subministro de auga potable nos barrios de Baldomar e As Medelas, na parroquia de Santa Mariña e na parroquia de Santiago de Covelo no depósito que abastece ao casco urbano. Con esta actuación o goberno de Covelo aposta pola optimización do servizo e polo mellor aproveitamento dos recursos naturais.
Este investimento súmase aos realizados neste mesmo senso en Barcia de Mera, Maceira e O Costal sumando un total de 90.307,54€-€ na mellora do abastecemento de auga potable nesta lexislatura.