A Axencia de Sostibilidade do Concello de Covelo oferta 16 prazas de campamento no Programa Naturaqua na Rede de Centros o Aire Libre en Taboada en Ourense. Catro dias totalmente gratis.
- 27/06/2008 -
A Axencia de Sostibilidade do Concello de Covelo oferta 16 prazas de campamento no Programa Naturaqua na Rede de Centros o Aire Libre en Taboada en Ourense. A oferta dirixida os xoves de dez a catorce anos, é un modo alternativo e lúdico de coñecer e respectar o medio ambiente, nunha zona como a Ribeira Sacra que conta cunha paisaxe, e unha riqueza natural e patrimonial de excepcional relevancia.
A estancia de catro dÃas terá lugar entre os dÃas 14 e 17 de xullo do 2008.
Os gastos de transporte e estancia correrán a cargo da ConsellerÃa de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Os dÃas 3 e 4 de xullo os solicitantes confirmarán a asistencia mediante a presentación dunha autorización dos pais/titores que pode recollerse nas oficinas do Concello de Covelo en horario de 09:00 a 14:00. En caso de non presentar a devandita autorización adxudicarase a praza o seguinte da lista.