Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para as actividades de dinamización da lingua galega do ano 2018
- 10/04/2018 -
Convocatoria de subvencións públicas destinadas a promover e fomentar o emprego da lingua galega na sociedade, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. O prazo de presentación empezará a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e terminará o 30 de abril de 2018