Axudas a entidades sen ánimo de lucro, para facilitar a súa participación en materia ambiental
- 26/06/2008 -
Axudas a entidades sen ánimo de lucro, para facilitar a súa participación en materia ambiental, asàcomo a súa convocatoria para 2008.
Tipos de axudas:
a) Gastos de funcionamento de carácter ordinario no exercicio 2008:
Son subvencionables os gastos de persoal, alugueres, comunicacións, enerxÃÂa, mantemento, reparación e outros de carácter ordinario.
LÃÂmites:
a1) Ata 6.000 € por cada entidade.
a2) Ademais, no caso das federacións, ata 2.500 € adicionais por cada entidade federada e inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental creado polo Decreto 226/2007, do 22 de novembro, cun lÃÂmite máximo de 70.000 € por federación.
b) Para a realización de programas de actividades de educación, promoción, difusión e defensa dos valores ambientais.
Poderanse subvencionar os investimentos de carácter inmaterial, tales como cursos, seminarios, demostracións, elaboración e edición de estudos, informes e publicacións, mais só os custos directos dos respectivos programas.
LÃÂmite: máximo de 10.000 € por entidade e cada un dos exercicios 2008-2009.
c) Para investimentos que realizarán as federacións de carácter ambiental:
Son subvencionables os gastos derivados da dotación de infraestruturas básicas para o desenvolvemento dunha actividade estable da entidade, tales como o acondicionamento, equipamento e mobiliario de locais para oficinas, reunións e actividades, material de transporte, ou equipos e sistemas informáticos.
LÃÂmite: ata 2.500 € por cada entidade adherida á federación e inscrita no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental creado polo Decreto 226/2007, do 22 de novembro, cun lÃÂmite de 70.000 € por federación. Estas contÃÂas enténdense para cada un dos exercicios 2008 e 2009.
Aos importes máximos sinalados nos puntos a1) e b) aplicaráselles un coeficiente corrector de 0,8, cando o ámbito territorial da entidade sexa comarcal e de 0,7, cando sexa de ámbito local ou municipal.
Se poderán acadar na páxina web desta consellerÃÂa http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp.
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o dÃÂa seguinte ao da publicación desta orde, con independencia do disposto na disposición adicional cuarta.