Adiada a Mostra de Produtos de Covelo por mor da previsión metereolóxica
- 03/06/2022 -
O concello de Covelo adía a súa Mostra de Produtos
O Concello de Covelo informa que, por mor a previsión de intensas choivas, adía a Mostra de Produtos de Covelo que, como cada primeiro sábado de mes, se celebra na Praza Mestre Cerviño e na súa contorna. Previsiblemente, o concello celebrará a mostra e as actividades programadas para este sábado na praza o vindeiro sábado aínda que informará á cidadanía da nova data ao longo da vindeira semana.