Novas
XVI CAMPIONATO DE ESPAÀA DE PATINAXE ARTÍSTICO
- 16/06/2008 -
A Directiva do Club de Patinaxe Covelo remítelles un afectuoso saúdo a todos os asistentes, participantes e interesados neste Campionato Nacional de Patinaxe Artístico - Categoría cadete. Como saberán, este ano o Campionato celebrarase no municipio de Covelo (Pontevedra), no que, estamos seguros pasarán unha moi boa estancia. A organización previu para esta ocasión proporcionarlles información -a través de esta web e outros medios que se lles irán remitindo- acerca dos medios de transporte que poden utilizar para vir, lugares entrañables que poden visitar e aloxamentos con tarifas especiais que poden contratar para que gocen da súa estadía no noso municipio. Xa que a zona merece a pena, recomendámoslles que veñan cuns días de antelación e así poidan tomarse estes días de Campionato como unhas pequenas vacacións en familia. Gozarano! Sen máis, e desexando que nosos esforzos resulten en gozo de todos, dámoslles unha cordial benvida e desexámoslles un feliz viaxe. A Directiva. Se poñen ao dispor dos seguintes números de teléfono para calquera dúbida ou aclaración: 639 33 43 43 / 616 92 81 44 Para mais información visite o seguinte enlace: http://www.patinajecovelo.com/


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade