A sinatura deste convenio permitirá que a asociación Trans Miño empregue a sala multiúsos do edificio municipal donde se ubica a biblioteca pública e o auditorio municipal para atender ás persoas LGTBI. O horario de atención ao público será os luns de 09:00 a 13:00 horas e os venres de 16:30 a 20:00 horas e dará servizo aos habitantes da comarca da Paradanta. A apertura deste novo punto de información súmase á de Ponteareas e a de A Guarda na que dan cobertura ás persoas do Condado e do Baixo Miño, respectivamente.
O presidente da asociación, Xermán Cordero, e o coordinador local Alejandro Outerelo explican que os principais obxectivos son a orientación e asesoramento ademais de ofrecer información das diversas campañas que se realizan dende o colectivo como o reparto de material preventivo ante o VIH. Ademais, ofrecerán acompañamento ás persoas que teñan dúbidas sobre a súa orientación sexual, entre outras cuestións. “Un dos obxectivos cos que traballamos é ofrecer a realización de probas rápidas de detección de VIH e acompañar as vítimas de posible LGTBI fobia”.