Actualidade e Noticias



Trans Miño contará cun punto de información no edificio multiúsos do concello de Covelo
- 24/05/2022 -

Concello e colectivo asinan un convenio de colaboración para a orientación, asesoramento e fomento da coeducación no ámbito dos dereitos humanos, promoción da saúde sexual e prevención de enfermidades ITS
O concello de Covelo e a asociación Trans Miño veñen de asinar un convenio de colaboración para a orientación, asesoramento e fomento da coeducación no ámbito dos dereitos humanos, promoción da saúde sexual e prevención das enfermidades de transmisión sexual (ITS).


A sinatura deste convenio permitirá que a asociación Trans Miño empregue a sala multiúsos do edificio municipal donde se ubica a biblioteca pública e o auditorio municipal para atender ás persoas LGTBI. O horario de atención ao público será os luns de 09:00 a 13:00 horas e os venres de 16:30 a 20:00 horas e dará servizo aos habitantes da comarca da Paradanta. A apertura deste novo punto de información súmase á de Ponteareas e a de A Guarda na que dan cobertura ás persoas do Condado e do Baixo Miño, respectivamente.


O presidente da asociación, Xermán Cordero, e o coordinador local Alejandro Outerelo explican que os principais obxectivos son a orientación e asesoramento ademais de ofrecer información das diversas campañas que se realizan dende o colectivo como o reparto de material preventivo ante o VIH. Ademais, ofrecerán acompañamento ás persoas que teñan dúbidas sobre a súa orientación sexual, entre outras cuestións. “Un dos obxectivos cos que traballamos é ofrecer a realización de probas rápidas de detección de VIH e acompañar as vítimas de posible LGTBI fobia”.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade