Actualidade e Noticias



Covelo acollerá o IX Raid do Condado - Marqués de Vizhoja
- 30/09/2026 -

Os días 10 e 11 de outubro, Covelo será un dos concellos polos que transcorrerá o IX Raid do Condado – Marqués de Vizhoja, unha proba de orientación e aventura que percorrerá diferentes municipios da provincia de Pontevedra.

A competición contará con percorridos de ata 160 quilómetros nas categorías Elite e Aventura, ademais doutras modalidades de menor distancia, combinando diferentes seccións e disciplinas de orientación e aventura.

Onte mantivemos unha reunión de coordinación coa organización da proba para ultimar todos os detalles relacionados co paso do raid por Covelo e garantir o correcto desenvolvemento da actividade no noso municipio.

Na reunión participaron o alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, a concelleira de Cultura Lourdes Enes e representantes da organización.

Unha nova oportunidade para que Covelo forme parte dun evento deportivo que combina deporte, natureza, orientación e aventura e que permitirá descubrir tamén parte do noso territorio desde unha perspectiva diferente.

 




    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade