Actualidade e Noticias



Éxito de participación e público nesta segunda nova edición da Sestelo - Clásica Álvaro Pino
- 24/05/2022 -

Ao redor de 400 participantes percorreron 110 quilómetros con 2.316 metros de desnivel, pasando por 7 concellos e 3 altos de montaña
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, amosa a súa satisfacción pola celebración da Clásica Álvaro Pino que congregou a centos de ciclistas na praza Mestre Cerviño.


A sétima edición deste evento deportivo consolídase como unha das referencias do calendario cicloturista nacional e acolleu participantes de diferentes puntos de España e do estranxeiro.


A organización destaca que un dos momentos máis emotivos foi a chegada a meta dos membros de Discamino, que participou con seis grupos de bicicletas. Cinco destes seis ciclistas, cos seus pilotos e os seus ciclistas de apoio, percorreron 55 quilómetros do total da marcha, na que segundo eles sufriron un pouco pero nada comparado co moito que gozaron. A fazaña deste día correu a cargo dun deles, Iván Bragado, que xunto con Fernando Vidal e Fernando Gónzalez, o seu piloto e ciclista de apoio, completaron o total da proba de 110 quilómteros e os seus tres portos de montaña.


Nesta edición da Sestelo - Clásica Álvaro Pino participaron figuras destacadas do deporte nacional e galego como o propio Álvaro Piñeiro, Serafín Martínez, Ramón Troncoso, Ezequiel Mosquera, Delio Fernández, Samuel Blanco, Guillermo Janeiro, Aída García López e Borja Gómez.


A proba contou cun tramo cronometrado no alto de Luneda, o tramo máis duro da marcha con 777 metros de altura, que deu comezo no quilómetro 57 da marcha e finalizou no km. 67,2. Os vencedores deste tramo foron Miguel Rodríguez Novoa, na categoría SUB-23 masculina, Samuel Blanco Prol, na categoría Elite masculina, Claudia García Salgado, na categoría SUB-23 feminina e Aída García López na categoría Elite feminina.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade