Present News



El Ayuntamiento de Covelo pone en marcha el IX Campus Multideporte para facilitar la conciliación familiar al final del curso escolar.
- 22/06/2026 -

La actividad se desarrollará del 22 al 30 de junio y servirá de puente entre el final de las clases
y el inicio de la Escuela de Verano
A actividade desenvolverase do 22 ao 30 de xuño e servirá de ponte entre o final das clases
e o inicio da Escola de Verán
O Concello de Covelo organiza unha nova edición do seu Campus Multideporte, unha
iniciativa xa consolidada dentro da programación municipal de deporte e lecer educativo que
este ano alcanza a súa novena edición. A actividade desenvolverase entre os días 22 e 30
de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e está dirixida a nenos e nenas do municipio con
idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos.
O campus nace cun dobre obxectivo: por unha banda, ofrecer aos máis novos unha
alternativa de ocio saudable, deportiva e educativa durante as vacacións escolares e, por
outra, facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias de Covelo, cubrindo o
período existente entre a finalización do curso escolar e o inicio da Escola de Verán.
Esta actividade está organizada polo Concello de Covelo e conta co financiamento da
Deputación de Pontevedra, dentro da súa aposta polo apoio ás iniciativas municipais
destinadas á infancia e á mocidade.
Ao longo destes días, os participantes poderán gozar dun completo programa de actividades
deportivas, xogos cooperativos, dinámicas de grupo e propostas lúdicas adaptadas ás
diferentes idades, promovendo valores como o compañeirismo, o respecto, a convivencia, a
autonomía persoal, a superación e o xogo limpo.
O Campus Multideporte converteuse ao longo dos anos nunha referencia para moitas
familias do municipio, ofrecendo unha alternativa de lecer activa e segura durante os
primeiros días das vacacións estivais. A través dunha metodoloxía participativa e inclusiva,
búscase favorecer o desenvolvemento físico, social e emocional dos nenos e nenas
participantes, fomentando ademais hábitos de vida saudables e a práctica deportiva.
Unha xornada especial en Humor Amarillo
Como novidade desta edición, e mantendo a tradición de realizar cada ano unha actividade
especial fóra do municipio, os participantes desprazaranse ata o parque HA Humor Amarillo,
situado no Monte Alba (Vigo), para participar na actividade TANJUN, un circuíto
multiaventura inspirado no coñecido formato televisivo.
Durante a xornada, os nenos e nenas enfrontaranse a diferentes retos e probas deportivas
adaptadas á súa idade, entre as que se atopan competicións con traxes de sumo,
percorridos de obstáculos, loitas de gladiadores, carreiras de dragóns inchables, probas de
equilibrio, xogos de equipo, actividades acuáticas e outras dinámicas orientadas á diversión,
ao exercicio físico e ao traballo en grupo.
Tódalas actividades estarán supervisadas por persoal especializado e desenvolveranse
cumprindo as medidas de seguridade necesarias, garantindo unha experiencia educativa,

divertida e adaptada ás capacidades dos participantes.
Unha proposta consolidada para o verán
Coa celebración desta novena edición, o Campus Multideporte reafirma o seu papel como
unha das actividades máis demandadas da programación municipal de verán, combinando
deporte, convivencia e aprendizaxe nun entorno seguro e atractivo para a infancia e a
mocidade.
O Concello de Covelo continúa así apostando por iniciativas que favorecen a conciliación
familiar, promoven hábitos saudables e ofrecen oportunidades de ocio educativo durante os
períodos non lectivos, contribuíndo ao benestar das familias e ao desenvolvemento integral
dos máis novos.


    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade