Novas
Subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico
- 09/06/2008 -
Orde do 26 de maio de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o apoio a asociacións para a realización de investimentos relacionados coa promoción e difusión de festas, romarías, exposicións, festivais, certames e outros eventos de interese turístico ou manifestacións populares de semellante carácter que se celebren en Galicia no ano 2008 e que cumpran os seguintes requisitos: a) Que se trate de celebracións de eventos que xiren en todo caso ao redor de manifestacións de interese cultural, lúdico, folclórico, artístico, relixioso, gastronómico, deportivo ou ambiental. b) Que se trate de actuacións que acentúen a valoración das tradicións populares e posúan unha especial importancia como atractivo turístico cara ao pulo económico da comarca. Os formularios de solicitude de axuda regulados nesta orde poderán obterse a través do DOG, do enderezo da internet www.conselleriaiei.org/ga/web/index.php da Xunta de Galicia no punto ÂÂ'Axudas Consellería de Innovación e IndustriaÂÂ' En caso de dúbida ou necesidade de máis información, poderán dirixirse aos servizos de Turismo da delegación provincial da Consellería de Innovación e Industria no teléfono 986 80 55 73. Páxina web oficial da consellería (www.conselleriaiei.org), na súa epígrafe de axudas e na oficina virtual. O enderezo electrónico: axudas.dxt@xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de outubro de 2008, ambos os dous inclusive. Poderán ser beneficiarias das subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, incluídas as comisións de festas legalmente constituídas, da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan a celebración de festas populares e outros eventos ou actuacións de carácter similar de interese turístico incluídas no obxecto desta convocatoria que se celebren durante o ano 2008, que cumpran os requisitos establecidos nestas bases e que se atopen incluídas no ámbito de aplicación da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade