Actualidad y Noticias



Covelo apuesta por la formación en el rural en 2026
- 26/02/2026 -

El Ayuntamiento de Covelo continúa impulsando nuevas oportunidades para los vecinos y vecinas con una amplia oferta de cursos que ya están teniendo una gran acogida en este inicio de año.

O Concello de Covelo continúa apostando pola formación como ferramenta clave para mellorar a empregabilidade e as competencias da veciñanza, cunha destacada acollida no inicio do I Plan de Formación 2026.

O pasado venres 20 de febreiro rematou con grande éxito o curso de Operador/a de carretillas elevadoras, que contou cunha alta participación e cun dato especialmente salientable: rexistrouse a maior presenza de persoas mozas ata o de agora, marcando un cambio no perfil das persoas asistentes.

Actualmente, estase a desenvolver o curso de Control de Almacén e Picking, cunha duración total de 30 horas, que se prolongará ata o vindeiro 2 de marzo. A programación desta primeira fase completarase co curso de Manipulación de alimentos, que finalizará o 3 de marzo.

Estas accións formativas están dirixidas preferentemente a persoas desempregadas, aínda que tamén están abertas a persoas en activo que desexen mellorar o seu currículo e ampliar as súas oportunidades laborais.

Paralelamente, o Concello está a desenvolver esta semana, do 23 ao 27 de febreiro, o programa TIC Rural, enmarcado na iniciativa “Reto Rural Digital”. Este programa está orientado á capacitación dixital de persoas residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes, ofrecendo apoio integral á formación en competencias dixitais sen límite de idade, especialmente para persoas en situación de desemprego ou inactividade.

O éxito de participación desta primeira edición do programa TIC Rural xa permitiu anunciar unha nova convocatoria para o mes de marzo. En concreto, do 9 ao 12 de marzo desenvolveranse en Covelo os cursos “YoConecto”, dirixidos á iniciación no mundo dixital para persoas maiores de 60 anos.

Dende o Concello de Covelo valórase moi positivamente a resposta da cidadanía a estas iniciativas, que contribúen a dinamizar o territorio, fomentar a inclusión social e mellorar as oportunidades de emprego no rural.




    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade