Present News



El Ayuntamiento de Covelo da la bienvenida a los 7 bebés nacidos o empadronados en el municipio durante 2025.
- 18/01/2026 -

O pasado sábado 17 de xaneiro, o alcalde do Concello de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, deu a benvida oficial aos 7 bebés nados ou empadroados en Covelo ao longo do ano 2025, nun acto moi familiar no Concello.

Durante o encontro, as familias recibiron como agasallo unha cesta con artigos para o coidado dos bebés, así como unha camiseta personalizada de benvida, un detalle simbólico co que o Concello quere acompañar os primeiros meses de vida das nenas e nenos e amosar o seu compromiso co apoio ás familias e á natalidade no rural.

O alcalde lembra que o Concello de Covelo conta no seu orzamento municipal cunha axuda á natalidade, destinada ás nais e pais con fillas ou fillos nados ou adoptados no municipio. Esta axuda é de 500 euros por cada filla ou fillo nacido ou adoptado.

Así mesmo, desde o Concello lembran que existe unha liña de axudas para libros de texto e material escolar, dirixida ao alumnado de Educación Infantil do CEIP Antonio Blanco, cun importe de ata 100 euros por alumno/a, ampliable a 125 euros en familias numerosas ou con discapacidade.

Con estas iniciativas, o Concello de Covelo reafirma o seu compromiso coas familias e coa infancia do municipio.




    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade