Present News



El Ayuntamiento de Covelo entregó las distinciones de los Siéntete Covelo 2025 en una gala muy especial y emotiva.
- 27/12/2025 -

En esta edición, el jurado acordó conceder los galardones a la Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera y al Hotel A Rectoral de Paraños y a los Apartamentos Villa Maceira, dos proyectos que representan la excelencia cultural y turística en el rural.

O Concello de Covelo vén de dar a coñecer as persoas e entidades distinguidas nos Galardóns Síntete Covelo 2025, un recoñecemento anual que pon en valor a traxectoria, o compromiso e o labor de quen contribúe ao desenvolvemento do municipio e á proxección do nome de Covelo.

Nesta edición, o xurado acordou conceder os galardóns á Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera e ao Hotel A Rectoral de Paraños e aos Apartamentos Villa Maceira, dous proxectos que representan a excelencia cultural e turística no rural.

A Asociación Cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera foi distinguida pola súa traxectoria no ámbito cultural, pola divulgación das artes musicais e pola posta en valor do patrimonio histórico e cultural, contribuíndo de maneira destacada á proxección de Covelo como destino cultural e patrimonial e á difusión do nome do concello. O ciclo, que se celebra na igrexa barroca do século XVIII de San Martiño de Barcia de Mera, conta xa con dezasete edicións e consolidouse como unha cita de referencia na axenda cultural da comarca, acollendo ao longo destes anos formacións e artistas de primeiro nivel.

O segundo galardón recaeu no Hotel A Rectoral de Paraños e nos Apartamentos Villa Maceira, en recoñecemento á súa traxectoria no ámbito turístico, á súa aposta polo turismo rural de calidade e á posta en valor de Covelo como destino con identidade propia. Impulsados por Jose e Maite, estes proxectos exemplifican un modelo de emprendemento vencellado ao territorio, á calidade e á vocación de servizo, contribuíndo á dinamización económica e á promoción turística do concello.

O alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, destacou que “Covelo segue contando con persoas e entidades que levan o nome do noso concello a moitos lugares, demostrando que dende o rural pódese crear cultura, turismo e futuro”.

A gala de entrega dos Galardóns Síntete Covelo 2025 celebrarase o sábado 27 de decembro, ás 18:30 horas, no Auditorio Municipal de Covelo, nun acto público aberto á veciñanza.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade