Present News



El programa €Mareas de Conocimiento€ con los seminarios senios, llevó a los vecinos y vecinas de Covelo a descubrir el patrimonio románico del entorno.
- 25/09/2025 -

Las personas participantes, mayores de 50 años, visitaron las ruinas de la iglesia románica de Casteláns (siglo XII) y tuvieron la oportunidad de contemplar varios arcos ornamentales que hoy se conservan en los jardines del Gran Hotel de Mondariz Balneario.

O programa “Mareas de Coñecemento” cos seminarios senior, levou á veciñanza de Covelo a descubrir o patrimonio románico da contorna.

Onte, 25 de setembro, celebrouse en Covelo unha nova actividade enmarcada no programa “Mareas de Coñecemento”, organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Covelo.

A profesora e arqueóloga da Universidade de Vigo, Elisa, foi a encargada de guiar a excursión, ofrecendo explicacións e reflexións arredor da importancia histórica e cultural do patrimonio románico da zona.

As persoas participantes, maiores de 50 anos, visitaron as ruínas da igrexa románica de Casteláns (século XII) e tiveron a oportunidade de contemplar varios arcos ornamentais que hoxe se conservan nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario.

A saída realizouse ás 16:00 horas dende a praza Mestre Cerviño de Covelo, converténdose nunha enriquecedora xornada de coñecemento, convivencia e posta en valor do patrimonio local.

O programa “Mareas de Coñecemento” ten como obxectivo achegar á cidadanía maior de 50 anos experiencias formativas, culturais e de ocio saudable, reforzando a colaboración entre a Universidade de Vigo e o Concello de Covelo.




arcos ornamentais

    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade