Actualidade e Noticias



O Concello de Covelo presenta as axendas escolares 2025/2026 co proxecto €10 meses, 10 propósitos contra a violencia de xénero€
- 16/09/2025 -

O Concello de Covelo fixo entrega das axendas escolares do curso 2025/2026 ao alumnado do CEIP Antonio Blanco Rodríguez, dentro do Proxecto de Sensibilización e Prevención en Violencia de Xénero: 10 meses, 10 propósitos.
Estas axendas conteñen debuxos e propostas elaboradas polos propios estudantes, baixo o lema €10 meses, 10 propósitos contra a violencia de xénero€, que servirán de guía para o desenvolvemento de actividades de reflexión e aprendizaxe ao longo de todo o curso.

O Concello de Covelo presenta as axendas escolares 2025/2026 co proxecto “10 meses, 10 propósitos contra a violencia de xénero”

O Concello de Covelo fixo entrega das axendas escolares do curso 2025/2026 ao alumnado do CEIP Antonio Blanco Rodríguez, dentro do Proxecto de Sensibilización e Prevención en Violencia de Xénero: 10 meses, 10 propósitos.

Estas axendas conteñen debuxos e propostas elaboradas polos propios estudantes, baixo o lema “10 meses, 10 propósitos contra a violencia de xénero”, que servirán de guía para o desenvolvemento de actividades de reflexión e aprendizaxe ao longo de todo o curso.

O proxecto nace coa vontade de reforzar, a nivel local, os obxectivos do Novo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que busca actualizar e consolidar as políticas de prevención, sensibilización, protección e atención ás vítimas de violencia machista.

Dende o Concello de Covelo considérase fundamental implicar á infancia e ás familias nesta tarefa colectiva. A axenda é un obxecto cotián que acompaña aos nenos e nenas durante todo o curso, e transformala nun recurso educativo en igualdade permítenos sementar valores de respecto e convivencia en cada fogar.

O alcalde, Pablo Castillo, subliñou a importancia da continuidade: “Cada mes do curso escolar dedicarase a un dos dez propósitos, que se traballarán mediante actividades específicas. Trátase de aprendizaxes que queremos que maduren e queden para sempre”.

Este proxecto, pretende ser unha ferramenta práctica e pedagóxica que combine creatividade, compromiso social e aprendizaxe en valores, poñendo o foco na prevención da violencia de xénero desde a escola.

Na foto: alumnos e alumnas de sexto do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo, o alcalde Pablo Castillo e a concelleira de Cultura Lourdes Enes.





    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade