Actualidade e Noticias



Volvemos cunha nova edición da Feira de Artesanía e Segunda Man en Covelo! Sábado 5 de xullo na Praza Mestre Cerviño, un plan perfecto para toda a familia pola mañá: mercadiño, obradoiros, música, comida e moito máis!
- 05/07/2025 -

Desde as 10:00 h, pásate polos postos con produtos únicos: madeira, xoiería, horta, cosmética natural, panadaría, xoguetes, decoración, téxtil, cerámica, atrapasoños... E ademais, punto de recollida de alimentos e tapóns solidarios grazas ao grupo de voluntariado social do Concello 

11:30 h – Obradoiro de cociña para 30 persoas (15 nenos/as e 15 adultos) con degustación final!

12:30 h – Circo para os máis pequenos/as con Atípico Circo e o seu obradoiro “Espazos de xogos de circo”.

13:30 h – Sesión vermú con Miguel Cerqueira
Vive un concerto íntimo e emocionante cheo de versións dos grandes clásicos do pop-rock dos 80 ata hoxe. Un show vibrante para cantar, bailar e deixarse levar pola música 

E por suposto, non faltará o noso pulpeiro tradicional para completar unha xornada perfecta!

14:30 h – Peche da feira



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade