Actualidade e Noticias



O Concello de Covelo remata as obras de mellora do Cemiterio de Casteláns.
- 05/06/2025 -

Procedeuse á cubrición da totalidade dos panteóns, á mellora da recollida de augas e drenaxes e ao acondicionamento de aseos adaptados.

O Concello de Covelo remata as obras de mellora do Cemiterio de Casteláns

Procedeuse á cubrición da totalidade dos panteóns, á mellora da recollida de augas e drenaxes e ao acondicionamento de aseos adaptados

Covelo a 5 de xuño de 2025

 

 

O Concello de Covelo ven de rematar as obras de melloras no cemiterio municipal da parroquia de Casteláns. Consistiron na cubrición da totalidade dos panteóns que presentaban numerosas filtracións de auga, na instalación de recollidas de augas, mellora das drenaxes e o acondicionamento de aseos públicos adaptados. Para esta última actuación, utilizouse un espazo existente que estaba destinado na súa totalidade a almacén.

 

Dita obra foi solicitada polos veciños e propietarios de sepulturas ante as numerosas filtracións de auga que puñan en perigo a estabilidade dos panteóns e foi financiada con cargo ao plan +Provincia 2024 da Deputación Provincial por importe de 25.952,59 €.

 

Esta actuación enmárcase dentro do plan de mellora de instalacións e adaptación á normativa dos cemiterios municipais de Piñeiro, Barcia de Mera, Covelo, Santa Mariña, San Salvador de Prado e Casteláns.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade