Actualidade e Noticias



O Concello de Covelo saca a licitación a contratación da obra de Acondicionamento de Ximnasio no Pavillón Municipal As empresas poderán presentar ofertas ata o 18 de xuño e as obras deberanse realizar nun prazo máximo de 6 meses
- 05/06/2025 -

O Concello de Covelo saca a licitación a contratación da obra de Acondicionamento de Ximnasio no Pavillón Municipal

As empresas poderán presentar ofertas ata o 18 de xuño e as obras deberanse realizar nun prazo máximo de 6 meses

Covelo a 5 de xuño de 2025

 

 

O Concello de Covelo ven de iniciar o proceso de licitación para a contratación das obras de Acondicionamento de Ximnasio no Pavillón Municipal mediante a publicación dos pregos de prescricións técnicas e administrativas na plataforma de contratación do sector público.

 

O importe das obras ascende a 359.504,13 € mais IVA e deberán ser executadas nun prazo máximo de seis meses. A apertura das ofertas farase o dia 20 de xuño as 9:30 horas na casa do concello.

 

Este proxecto, que ascende a 435.000 € será financiado no 90% con cargo ao plan PON2030 da Deputación Provincial de Pontevedra e o 10% con fondos propios municipais (43.500 €).

 

Poderán coñecer o proxecto no seguinte enlace:

 

https://contrataciondelestado.es/wps/portal/!ut/p/b1/jY7LDoIwEEW_xQ8gM7RQ4rIojxqjCFrtbAyJaJpY2Bhj_HqRPejsbnLOvQMExvNZFIiQ-ZzDCaitn_ZWP2zX1ncwQBSdpU52Us05ZmWRIIvLSATpto8I2tUv6-y7ucAeTPwtIDEqIOsB0wM4chL_80O-CPRKF6JSGaLK0-X64IeYMfHLPwINyFTDAEy9OD2CsMk714Aj61F5rZQnZx9H2kBr/dl4/d5/L2dBISEvZ0FBIS9nQSEh/pw/Z7_AVEQAI930GRPE02BR764FO30G0/act/id=0/p=javax.servlet.include.path_info=QCPjspQCPUOEPerfilCompDetalle.jsp/610360240802/-/

 




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade