Present News



El Ayuntamiento de Covelo presenta el proyecto €Círculo de Mujeres€.
- 15/05/2025 -

Nueve jornadas colectivas destinadas a la mejora de la confianza y del bienestar físico y mental de las mujeres.
 O Concello de Covelo presenta este xoves 15 de maio ás 19.00 horas no edificio multiusos do concello o proxecto “Círculo de Mulleres” destinado á mellora do benestar físico e mental das mulleres no rural. O proxecto piloto consistirá nunha xornada mensual dende maio a decembro do 2025 destinadas á mellora da autonomía e confianza das mulleres.

A iniciativa, financiada pola Deputación de Pontevedra con cargo as SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS AOS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA O ANO 2025, é un proxecto da concellería de servizos sociais e da muller que busca ofrecer un espazo seguro e próximo no que as mulleres poida compartir experiencias, recibir información, mellorar o seu auto coñecemento, autonomía e confianza para a toma de decisións cara a un estado de benestar integral en todas as súas etapas da vida: xuventude, maternidade, sexualidade e madurez. Trátase dunha actividade de fomento da Igualdade, sensibilización, empoderamento e loita contra a violencia de xénero. 



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade