Actualidade e Noticias



O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera presentou a súa décimo séptima edición.
- 10/04/2025 -

Oito concertos dende o 26 de abril ao 13 de setembro para os que será preciso reserva cita previa.
 A organización do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera presentou a súa décimo séptima edición acompañada do alcalde de Covelo, Pablo Castillo; do secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. Ao acto, que tivo lugar no Hotel Balneario de Mondariz, tamén asistíu o alcalde de Mondariz Balneario e os voceiros dos distintos grupos da Corporación, entre outras persoas que quixeron arroupar coa súa presenza esta cita anual coa música culta. 

 

Durante a presentación a organización tivo palabras de agradecemento  para as administracións que fan posible este Ciclo, especialmente para a Xunta de Galicia que respalda cada edición. “Quero destacar a importancia desta iniciativa na que se realiza unha mestura perfecta de patrimonio e música, achegando a cultura aos entornos rurais” director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.

 

Oito concertos que farán viaxar ao público asistente a través dos séculos, dende o XV ao XVI e XVII, pasando polo século XX e chegando aos nosos días. Neste percorrido pola música doutros tempos. “Ofreceremos un marco temporal amplo e como en cada edición, incorporamos novidades. O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera medra e cada ano que pasa recibimos máis propostas de grupos e músicos interesados en actuar”, explica o sacerdote Rafael Antela que xunto a Nieves García-Soto fixo posible esta iniciativa.

 

Sentimos un profundo agradecemento porque esta cita musical foi capaz de posicionar o nome do noso Concello e ás comarcas do Condado e Paradanta no panorama da música de calidade e na axenda dos mellores músicos do mundo”, salientou Pablo Castillo.

Un ano máis o Ciclo innovadará e ofrecerá sorpresas ás persoas asistentes. Vox Stellae será o encargado de inaugurar o Ciclo o vindeiro 26 de abril e farao interpretando obras De Palestrina. O 10 de maio será o Dúo Allentamento que interpretará obras de Corelli, Valentini, Terasini e Batista. José Manuel Montero actuará o 14 de xuño interpretando obras de Falla e Schumann, e o 28 do mesmo mes será Tan Sabia como Valerosa con obras dos  “Siglos de Oro”. Mario e Orestes Gás interpretarán obras de Bertol Brecht o 26 de xullo e en agosto novamente dous concertos, o dia 15 será o Dúo de Clave Violin con obras de Castelo, Pandolfi e Schmezer, e o dia 30 estará Guillermo Pastrana con obras de Bach, Gabrielli e Dall Abaco. Pecharase esta XVII edición o dia 13 de setembro co concerto de clausura a cargo do Trio de Cordas Sociedad Musical Gramatges con obras de Mozart, Schbert, Falla, Lecuona e Beethoven.

A organización recomenda reservar entrada ao dispor de aforo limitado.

 



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade