Actualidad y Noticias



O Concello de Covelo colocará a numeración das vivendas en todas as parroquias do concello. Os traballos comenzarán no mes de abril e serán financiados polo plan +Provincia da Deputación de Pontevedra
- 08/04/2025 -

Proximamente, o Concello de Covelo iniciará os traballos de colocación das placas coa indicación da dirección e numeración de tódalas vivendas e demais inmobles en tódalas parroquias do concello. O concello ten previsto poder instalas 2700 placas ao longo dos meses de abril, maio e xuño.
O Concello de Covelo colocará a numeración das vivendas en todas as parroquias do concello.

Os traballos comenzarán no mes de abril e serán financiados polo plan +Provincia da Deputación de Pontevedra

                                                                                           Covelo a 21 de marzo de 2025

 

 

Proximamente, o Concello de Covelo iniciará os traballos de colocación das placas coa indicación da dirección e numeración de tódalas vivendas e demais inmobles  en tódalas parroquias do concello. O concello ten previsto poder instalas 2700 placas ao longo dos meses de abril, maio e xuño.

 

A colocación realizarase a partir do mes de abril pola empresa adxudicataria dos traballos denominada LAYA GESTIÓN Y SERVICIOS S.L. estando previsto a súa colocación por parroquias, seguindo a seguinte  orde descendente dende a mais lonxe da capital ata  rematar no casco urbano. Iniciaranse os traballos por A Graña, Campo, Prado, Godóns, Maceira, Fofe, Piñeiro, Barcia de Mera, Casteláns, Santa Mariña, Covelo, A Lamosa, Paraños e Prado da Canda.  

 

Sen coste para a veciñanza: A placa e a súa colocación  non terá coste algún para a veciñanza. Estes traballos serán financiados con cargo ao Plan +Provincia 2024 da Deputación Provincial de Pontevedra por importe de 18.106,44 €.

 

No caso de non poder colocarse as placas por non atoparse os propietarios no domicilio, a placa será entregada no Concello, onde poderán recollela posteriormente os titulares das vivendas para efectuar a colocación pola súa conta.

 

Para facilitar unha correcta instalación, os propietarios que o desexen, poderán deixar unha marca na entrada, peche ou fachada onde queiran que se coloque (medidas de cada placa 15 x 15 cm) e comunicalo previamente ao persoal encargado no seguinte teléfono  de contacto: 633181884.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade