.jpeg)
O Concello de Covelo concedeu 28 axudas de emerxencia social no ano 2024 a familias e persoas con necesidades.
- 21/02/2025 -
Beneficiáronse un total 16 familias con menores a cargo en axudas para alimentación e farmacia, adquisición de electrodomésticos básicos, subministro eléctrico, tratamentos odontolóxicos e axudas estudio.
Os servizos comunitarios da Consellería de Asuntos Socias do concello de Covelo, tramitaron con cargo as axudas básicas de emerxencia nos servizos socias comunitarios da Deputación de Pontevedra un total de 28 axudas de emerxencia no ano 2024. Estas axudas foron destinadas a produtos de alimentación e farmacéuticos de primeira necesidade, aluguer de vivenda, pago de subministro de electricidade, adquisición de electrodomésticos, tratamentos odontolóxicos e axudas ao estudo.
A estas axudas poden acceder aquelas persoas que teñan expediente social aberto nos servizos municipais no que consta o correspondente informe social con valoración e proposta de concesión. Foron beneficiarias un total de 16 familias e destináronse un total de 9.400,11 € financiados con cargo a Deputación Provincial de Pontevedra.
Foto: Juan Pablo Castillo Amigo (Alcalde Concello de Covelo e Maria José Valiñas Martínez (Concelleira de Asuntos Sociais e Igualdade).