Dito traballo realizarase mediante doazóns desinteresadas dos veciños e veciñas e finalizado o mesmo premiaranse as tres mellores fotos históricas en función da calidade compositiva, antigüidade, valor da información histórica ou etnográfica e importancia dos actos ou persoeiros representados.
O proceso de doazón das fotografías poderase facer de forma persoal nas oficinas do Concello, na Biblioteca Municipal ou a través da paxina web do concello na sección participación, axuntando identificación e datos de contacto da persoa, texto referido á fotografía (respondendo ás seguintes preguntas: Que representa a fotografía? Quen a fixo? En que data ou periodo histórico? Quen a posue na actualidade? Outros datos que se consideren relevantes) e copia da mesma.
Anímase a tódalas persoas interesadas en participar na elaboración de dito arquivo a que aporten todas aquelas fotos históricas que consideren representativas da nosa colectividade como pobo nos lugares mencionados ou ben neste enlace.
O Arquivo Municipal de de fotos históricas atópase na sección "Pobo" da web municipal onde se irán incorporando as fotos aportadas. Pode visitalo no seguinte enlace.