Actualidade e Noticias



O Concello de Covelo renova o parque infantil, a biblioteca e a cociña do CEIP Antonio Blanco Rodríguez
- 31/01/2025 -

Procedeu à retirada dos elementos de xogos para substituílos por novos elementos incluidos columpios inclusivos, a colocación dunha nova cuberta do parque e a mellora da biblioteca e a cociña.
 O Concello de Covelo acaba de renovar a área de xogos do CEIP Antonio Blanco Rodríguez situada no interior do centro e cunha superficie de oitenta metros cadrados por 45.096,65 €. A intervención contemplou a retirada dos actuais elementos de xogos e posterior colocación dun conxunto de mini torre para exteriores con asento inclusivo composto por dúas torres, tobogán, columpio inclusivo, túnel, barra de bombeiro, escada de acceso e escaleira. Esta importante mellora complétase coa instalación dunha cuberta translúcida de policarbonato que permita unha luminosidade do 90% e o uso da zona de xogos en días de chuvia. Estas obras conta coa financiación do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, sinala que esta era unha das peticións do alumnado e profesorado do centro, trasladada durante a celebración do pleno infantil deste ano. Durante a tempada de verán e con medios propios o Concello tamén deu cumprimento a outras das demandas da comunidade educativa coa ampliación da biblioteca escolar para o que houbo que acondicionar dúas aulas, derrubar tabiques e retiralos e proceder ao seu acondicionamento.

Ademais, o Concello reformou unha parte da cociña para unha mellor evacuación das augas instalando unha nova rella e desaugadoiro. “O noso centro educativo acolle a máis de cen nenas e nenos de infantil e primaria. Conta con servizo de comedor e coa colaboración da ANPA con aula matinal e con actividades extraescolares que fan posible a conciliación familiar e laboral. Por este motivo cada ano realizamos melloras no centro  porque queremos ofrecer unas instalacións educativas e deportivas de calidade, cómodas e seguras. Dende sempre, no concello de Covelo toda a cidadanía pode desfrutar das pistas deportivas de tenis, a de pádel cuberta, baloncesto, fútbol sala e do parque infantil que forman parte do colexio, fora do horario escolar os 365 dias do ano”.

Estas melloras complétanse coas realizadas pola Consellería de Educación que ven de renovar as instalacións de fontanería de todos os baños do centro por importe de 24.000 €. Na visita efectuada ao centre polo director territorial, Cesar Ares, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, comprobaron o resultado das obras realizadas e analizaron coa dirección do centro e o alcalde as necesidades de futuras melloras, entre as que destacaron o acondicionamento da envolvente mediante a renovación das fachadas, e a cubrición de parte das pistas deportivas. 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade