El Ayuntamiento de Covelo contrata a una persona con la titulación de Grado en ADE a través del programa €+EMPLEA EN LOS AYUNTAMIENTOS€ de la Diputación de Pontevedra.
Este programa financia contratos formativos para los ayuntamientos, de un año de duración y a tiempo completo.
O concello de Covelo ven de contratar a unha persoa coa titulación de Grao en ADE con contrato dun ano de duración e a xornada completa con cargo ao programa +EMPREGA NOS CONCELLOS” da Deputación de Pontevedra.
A persoa seleccionada realizará traballos de xestión ordinaria da administración municipal, atención ao público, labores administrativas e de xestión de expedientes e subvencións dirixidas e tuteladas polos departamentos de atención á cidadanía, secretaría-intervención e urbanismo e territorio.
“Estou moi agradecido á Deputación de Pontevedra por esta oportunidade que nos ofrece de poder traballar e formarnos no mundo da administración local, e ao concello pola boa acollida, seguimento e orientación nas distintas labores do meu posto”, declara Jose Carlos, o novo empregado do concello con titulación en ADE e veciño de Vigo.
O alcalde manifesta “estar moi agradecido á Deputación e aos novos titulados que optan a estes contratos de formación, xa que aportan novos coñecementos, capacidades e actitudes que axudan a actualizar e revitalizar a xestión administrativa municipal”.