Actualidade e Noticias



O CONCELLO DE COVELO DÁ A BENVIDA AOS NENOS E NENAS NACIDOS EN 2024
- 14/01/2025 -

O alcalde Pablo Castillo e as concelleiras Lourdes Enes e María Valiñas, recibiron ás familias
na casa do concello e entregáronlles unha cesta con produtos de hixiene e unha camiseta de benvida.

Na recepción das oito familias, o alcalde deulles a benvida, felicitoulles pola súa recente
paternidade e maternidade e agradeceulles que apostasen por crear e ampliar a súa familia no
medio rural. Tamén falaron das necesidades e demandas que lles xorden co
nacemento do bebé e as posibilidades de mellorar todos aqueles servizos municipais que lles
permitan conciliar a vida laboral e familiar.
O concello de Covelo, a través dos orzamentos anuais, dispón dunha liña de axudas de fomento
da natalidade de 500 € para cada neno nado e empadroado en Covelo, financia
con 20.000 € a escola infantil Galiña Azul para nenos de 0-3 anos e subvenciona o servizo de aula
matinal a través da AMPA do colexio Antonio Blanco.
€Ninguén se decide a ter fillos polas axudas que podamos ofrecer as administracións, xa que
a responsabilidade de ser pais é para toda a vida, pero con este xesto queremos
celebrar e agradecer a decisión de ser pais e nais nun pobo€ díxolles o alcalde.
 O alcalde Pablo Castillo e as concelleiras Lourdes Enes e María Valiñas, recibiron ás familias na casa do concello e entregáronlles unha cesta con produtos de hixiene e unha camiseta de benvida. Na recepción das oito familias, o alcalde deulles a benvida, felicitoulles pola súa recente paternidade e maternidade e agradeceulles que apostasen por crear e ampliar a súa familia no medio rural. Tamén falaron das necesidades e demandas que lles xorden co nacemento do bebé e as posibilidades de mellorar todos aqueles servizos municipais que lles permitan conciliar a vida laboral e familiar. O concello de Covelo, a través dos orzamentos anuais, dispón dunha liña de axudas de fomento da natalidade de 500 € para cada neno nado e empadroado en Covelo, financia con 20.000 € a escola infantil Galiña Azul para nenos de 0-3 anos e subvenciona o servizo de aula matinal a través da AMPA do colexio Antonio Blanco. “Ninguén se decide a ter fillos polas axudas que podamos ofrecer as administracións, xa que a responsabilidade de ser pais é para toda a vida, pero con este xesto queremos celebrar e agradecer a decisión de ser pais e nais nun pobo” díxolles o alcalde.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade