Present News



Fotografías premiadas para el Calendario del Ayuntamiento de Covelo 2025
- 25/11/2024 -

1º Miguel Fernández Rodríguez (Caminando por la nieve)
2º Rosa María Tielas Conde (Senda-Camino hacía el río de Castro)
3º María Jesús Lago Feijoo (Pacendo en el Suído)
Esta semana podéis visitar la exposición de todas las fotos en el auditorio de ayuntamiento de Covelo de lunes a viernes de 10:00 h a 14:00 h y de 16:00 a 19:00 h.
Miguel Fernández Rodríguez gaña con “Camiñando pola neve” o quinto concurso de fotografía “Calendario do Concello de Covelo” para o ano 2025. O segundo premio foi para Rosa María Tielas Conde con “Sendeiro hacia o río de Castro” e o terceiro para María Jesús Lago Feijoo con “Pacendo no Suído”.


Dar a coñecer a riqueza natural, histórica e etnográfica do Concello de Covelo é un dos obxectivos do calendario que repartirá co novo ano o Concello entre a súa veciñanza. Acompañar ás veciñas e veciños ao longo do ano, salientar as datas das festas locais e, sobre todo, amosar a beleza natural e paisaxística son outros dos obxectivos deste calendario que se repartíu entre a hostalaría local de todas as parroquias para facilitar que as persoas que non viven no centro urbano poidan recollelo.


Ademais, calquera persoa empadroada pode achegarse en horario de mañá de 9 a 14 horas ao Concello e facerse con este primeiro agasallo de nadal que, con cariño e orgullo, distribúe a administración local.


O xurado formado polos fotógrafos Julio Eiroa e Emilio Rodríguez e a xornalista Amparo Rodríguez tiveron en conta ademais das cuestións técnicas, a creatividade e a composición do relato fotográfico, entre outros aspectos que farán que o calendario do ano 2025 amose unha pequena selección de paisaxes e momentos fermosos vividos no concello. O xurado procurou unha mostra variada e anima a todas as veciñas e veciños a capturar a beleza de Covelo e presentarse na vindeira edición salientando que “cada ano o nivel sube”.


A concelleira de Turismo, Lourdes Enes, responsabilidade que comparte co alcalde Pablo Castillo agradeceu ás persoas participantes o seu traballo e destacou o grande número de fotografías recibidas sendo cada ano maior.


Todas as persoas veciñas de Covelo formamos parte dunha comunidade que vive nun lugar fermoso que temos a obriga e a responsabilidade de coidar, respectar e mellorar. E podemos facelo a través da nosa participación en colectivos como as comunidades de montes, as asociacións veciñais ou culturais, de mulleres rurais, as comunidades parroquiais, os clubs deportivos, o voluntariado, Protección Civil… ou simplemente cultivando as nosas relacións sociais e culturais e compartindo as celebracións e festas populares coa intención de mellorar o noso sentimento de pertenza a unha colectividade”, sinala o alcalde Pablo Castillo.


O calendario entra agora en proceso de impresión e o Concello de Covelo anunciará na súa páxina web o día a partir do que se poderá recoller nas oficinas municipais. A veciñanza poderá recollelo na Casa do Concello en horario de mañá ou nos negocios de hostalaría de todas as parroquias despois das datas de nadal .



Senda - Camiño hacía o río de Castro.

<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade