Actualidade e Noticias



Tres mulleres de Covelo reciben a axuda para obter o carne B e o carné C+CAP
- 15/11/2024 -

Este novo apoio enmárcase no III Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Covelo
No marco do proxecto de favorecemento da inserción laboral en mulleres de especial vulnerabilidade o Concello de Covelo seleciona tres mulleres para o curso dos carnés de conducir B, C+CAP.

 

Esta e unha das accións contempladas no III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres do concello de Covelo 2024 que contou cunha achega da Deputación de Pontevedra de 5.959,08, con cargo a liña de fomento da igualdade de

oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2024. Esta axuda cubre a matrícula do curso, un mes de clase teórica para o carné B; vinte prácticas do carné B e dez prácticas do carné C, as taxas de exame, un exame pista C e un exame cidade C ademais do curso CAP (C).

 

O III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres é unha iniciativa desenvolta entre as concellerías de Formación e a concellería de Igualdade do Concello de Covelo dirixidas por Lourdes Enes e María Valiño. Dentro deste programa contemplanse accións formativas gratuitas impartidas nas instalacións municipais e deseñadas despois dun proceso participativo e conforme á demanda do mercado laboral.

 

 

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade