Actualidade e Noticias



Covelo crea novas zonas de aparcamento no centro urbano
- 11/11/2024 -

O Concello de Covelo destina 47.709,46€á creación de doce novas prazas de aparcamento, un espazo verde de lecer renovado e á reorganización das prazas de aparcamento
O Concello de Covelo destina 47.709,46á creación de doce novas prazas de aparcamento, un espazo verde de lecer renovado e á reorganización das prazas de aparcamento da zona situada na contorna do Centro Médico, Garderia e Garda Civil.

 

Con esta intervención o Concello responde á demanda de prazas de aparcamento no centro urbano nun espazo que non prexudica aos servizos, facilita o acceso ao comercio local e moi preto da praza Mestre Cerviño e zonas de máis tránsito peonil.

 

En concreto o Concello creará doce novas prazas, dúas delas adaptadas, e adaptará as 31 prazas en liña xa existentes para que pasen a ser en batería na mediana con forma de media lúa situada entre o trazado actual da PO-261 e o antiguo trazado da estrada (actual travesía de Vigo), con aproximadamente 1.366 m2 de superficie.

 

O espazo total destinado as novas prazas de aparcamento é de 576 m2 aproximadamente (207 m2 de novas prazas e 369 m2 de repintado de prazas antigas) deixando un espazo dispoñible para espazo verde de 753 m2, dun total de 1.142 m2. Explica o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, que se procederá a unha mellora deste espazo verde actualmete infrautilizado para facelo máis atractivo e convertelo nunha zona de lecer.

 

 

As obras contemplan tamén unha nova beirarrúa que conecte estas novas prazas coa beirarúa existente. Ademais, reorganizarase e repintaranse as actuais prazas en liña para reconvertilas en 31 prazas de aparcamento estandar en batería.

 

Esta nova zona de aparcamento está preto de todos os servizos e terá unha estética conforme a súa contorna reamatada con bloques de celosía que permitan que medre a herba.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade