Actualidade e Noticias



Aberto o prazo para participar na primeira comunidade enerxética de Covelo
- 31/10/2024 -

Todas aquelas persoas que desexen asociarse tan só o terán que facer constar nas oficinas xerais do Concello de Covelo acompañando un documento de titularidade de contrato do subministro de luz
Todas aquelas persoas que desexen asociarse tan só o terán que facer constar nas oficinas xerais do Concello de Covelo acompañando un documento de titularidade de contrato do subministro de luz

Co obxectivo de preparar un futuro máis sostible e medrar de xeito harmónico coa contorna natural, o Concello de Covelo conta xa coa “Comunidade Enerxética Local de Covelo”, unha asociación xa constituida de natureza asociativa, sen ánimo de lucro, democrática, independente, asemblearia, transparente, con funcionamento plural, de participación aberta, voluntaria e autónoma, co obxecto de contribuír á sustentabilidade enerxética promovendo a produción e o consumo de enerxía renovable por parte do veciños, empresas e Administración Local do Concello de Covelo;

 

Todas aquelas persoas que desexen asociarse tan só o terán que facer constar nas oficinas xerais do Concello de Covelo acompañando un documento de titularidade de contrato do subministro de luz. A primeira comunidade enerxética do Concello de Covela conta co apoio do INEGA que aporta para os gastos de constitución e estudios previos o 80% (11.040€) e o Concello o 20% restante (2760€).

 

Nestes intres xa se traballa na redacción dos proxectos técnicos das posibles instalacións nos lugares que reunan as condicións de dimensións, orientación e horas de luz e en función da idoneidade do lugar e as solicitudes recibidas priorizarase aquelas que mellores condicións teñan.

 

Entre as fins da asociación está promover e fomentar estratexias para reducir as emisións con efecto invernadoiro e xerar enerxías limpas para o autoconsumo; proporcionar beneficios medioambientais, económicos e/ou sociais aos seus membros, máis que ganancias financeiras; promover a conciencia cidadá na cultura da sustentabilidade enerxética e a implicación das administracións públicas; promover a descarbonización, mediante a implantación de enerxías renovables, a produción ecolóxica, o consumo responsable e o consumo de produtos locais; contribuír a evitar situacións de vulnerabilidade enerxética e fomentar a redución do uso de vehículos a motor, substituídos por medios de transporte e desprazamentos sostibles, ademais de promover o uso compartido de recursos, espazos e máquinas, entre outras finalidades.

 

A primeira comunidade enerxética de Covelo promoverá a construción baseada na eficiencia enerxética e realización de estudos de investigación e desenvolvemento así como promover a implantación de instalacións fotovoltaicas que poidan ser explotadas en réxime de autoconsumo compartido.

Esta comunidade enerxética incorporará progresivamente iniciativas relacionadas coa xeración de enerxía renovable por medio de outras fontes diferentes da enerxía fotovoltaica, coa mobilidade sustentable, coas relacionadas coas enerxías térmicas, coa eficiencia enerxética e a xestión da demanda. Ademais executará as actividades apropiadas co obxectivo de acadar o 100% de electricidade de orixe renovable no consumo nas vivendas e locais dos membros da asociación.

 

 




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade