Actualidade e Noticias



Xornada informativa sobre a factura da luz este venres no auditorio de Covelo
- 02/05/2022 -

Dirixida á cidadanía en xeral terá lugar ás 18 horas e non se precisa inscrición previa
O Concello de Covelo informa que o vindeiro venres día 6 de maio un equipo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Xunta de Galicia estará no auditorio municipal para ofrecer unha xornada informativa sobre a factura da luz.


O encontro será presencial e estará aberto ao público en xeral. Dada a actual situación de complexidade á hora de interpretar as novas tarifas da luz e as facturas, o Concello considerou necesario colaborar e acoller esta xornada que terá lugar ás 18:00 horas.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade