Actualidade e Noticias



Covelo, laboratorio da paisaxe
- 31/10/2024 -

Esta iniciativa de pensamento aprendizaxe e intervención no território busca poñer en valor o patrimonio cultural e natural afondando nas relacións co territorio
O Serradoiro dos Carranos do Concello de Covelo acolleu a quinta edición do proxecto cultural “Laboratorio da paisaxe”. Esta iniciativa de pensamento aprendizaxe e intervención no território busca poñer en valor o patrimonio cultural e natural afondando nas relacións co territorio que nos acolle visibilizando as problemáticas da Galicia Baleira e o despoboamento rural , entre outras, ao tempo que se reflexiona na procura de solucións.

 

As persoas participantes gozaron de actividades vencelladas á arquitectura da paisaxe, á fotografía, apicultura, á escultura e á ecoloxía do lume. A través de roteiros, obradoiros e relatorios e da man do escultor Xesús Padín, o arquitecto Manuel Bugallo, o historiador Fran García, o técnico forestal Gustavo Álvarez, a arquitecta Sheila García, as apicultoras Melissa Terán e Fátima Estévez e o fotógrafo e biólogo Julio Eiroa; os assistentes percibirán o territorio da Serra do Suído dende unha visión holística.

 

Durante o desenvolvemento das actividades do laboratorio seguiuse unha dinâmica participativa que tivo como resultado a mostra fotográfica Outra mirada do Suído onde se recollerán as distintas visións das persoas participantes e que se poderá visitar durante a primeira quincena de novembro no concello da Lama que xunto a Covelo e Fornelos de Montes forman parte do proxecto.

 

O proxecto cultural "Laboratorio da Paisaxe" nace no 2020 baixo a dirección artística da arquitecta e xestora cultural Sheila García, a coordinación de Costa Oeste e a colaboración de Cultura Tirante e Espazo16.

Nesta quinta edición a actividade estivo organizada polo colectivo Espazo16, coa colaboración do colectivo O Suído e conta co apoio da área de xuventude da Deputación de Pontevedra.

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade