As charlas ofrecerán formación para coidadores/as, familiares, persoas diagnosticadas en fase temperá e público interesado de xeito gratuito.
Estas accións permiten achegar os coidados ao rural a través do programa“Alzheimer de preto”. En Covelo, Diana Rodríguez, traballadoras social e Alba López, psicóloga sanitara ámbalas dúas de AFAGA conversarán e instruirán ao público presente.
O alcalde Pablo Castillo convida a toda a cidadania a participar e así formarse para previr e saber detectar os inícios desta enfermidade. “Coidarse tanto física como mentalmente proporciona benestar e calidade de vida que pode prolongarse durante anos, así como que as persoas adultas maiores poden ser axentes activos na prevención de enfermidades dexenerativas”.
O presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, agradece ao Concello de Covelo o seu compromiso e a súa intención de dar estabilidade a estes cursos que van máis aló da saúde xa que “contribúen ao mantemento de actividades sociais e a independencia na vida cotiá e axudan a que os adultos maiores adopten hábitos de vida máis saudables e teñan acceso a servizos de prevención”.