Present News



Formación sobre Alzheimer y otras demencias.
- 13/11/2024 -

Miércoles 13 y jueves 14 y noviembre de 2024 de 16:30 h a 18:30 h.
Formación para cuidadores/as, familiares, personas diagnosticadas en fase temprana y público interesado.
O Concello de Covelo, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) e a Federación Atlántica de Asciacións de Familiares de Persoas com Alzheimer e outras demencias (FADEAL) selan o seu compromiso coa mellora da calidade de vida das persoas e coa saúde cun ciclo de charlas que terá lugar ete mércores día 13 e xoves 14 e novembro de 2024 de 16:30 h a 18:30 h no auditorio municipal de Covelo.

 

As charlas ofrecerán formación para coidadores/as, familiares, persoas diagnosticadas en fase temperá e público interesado de xeito gratuito.

 

Estas accións permiten achegar os coidados ao rural a través do programaAlzheimer de preto”. En Covelo, Diana Rodríguez, traballadoras social e Alba López, psicóloga sanitara ámbalas dúas de AFAGA conversarán e instruirán ao público presente.

 

O alcalde Pablo Castillo convida a toda a cidadania a participar e así formarse para previr e saber detectar os inícios desta enfermidade. “Coidarse tanto física como mentalmente proporciona benestar e calidade de vida que pode prolongarse durante anos, así como que as persoas adultas maiores poden ser axentes activos na prevención de enfermidades dexenerativas”.

 

O presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, agradece ao Concello de Covelo o seu compromiso e a súa intención de dar estabilidade a estes cursos que van máis aló da saúde xa que contribúen ao mantemento de actividades sociais e a independencia na vida cotiá e axudan a que os adultos maiores adopten hábitos de vida máis saudables e teñan acceso a servizos de prevención.

 

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade