Present News



Proyecto "Laboratorio da Paisaxe"
- 26/10/2024 -

Fornelos de Montes, A Lama y Covelo acogen el proyecto "Laboratorio del Paisaje" el 26 y 27 de octubre.
 Os concellos de Fornelos de Montes, A Lama e Covelo prepárase para acoller a quinta
edición do proxecto cultural Esta iniciativa de pensamento aprendizaxe e intervención no
territorio, que se realizará o 26 e 27 de outubro de 2024, busca poñer en valor o patrimonio
cultural e natural afondando nas relacións co territorio que nos acolle visibilizando as
problemáticas da Galicia Baleira e o despoboamento rural , entre outras, ao tempo que se
reflexiona na procura de solucións.

As persoas participantes poderán gozar de actividades vencelladas á arquitectura da
paisaxe, á fotografía, apicultura, á escultura e á ecoloxía do lume. A través de roteiros,
obradoiros e relatorios e da man do escultor Xesús Padín, o arquitecto Manuel Bugallo, o
historiador Fran García, o técnico forestal Gustavo Álvarez, a arquitecta Sheila García, as
apicultoras Melissa Terán e Fátima Estévez e o fotógrafo e biólogo Julio Eiroa; os asistentes
percibirán o territorio da Serra do Suído dende unha visión holística.
Durante o desenvolvemento das actividades do laboratorio realizarase unha dinámica
participativa que terá como resultado a mostra fotográfica “Outra mirada do Suído” onde se
recollerán as distintas visións das persoas participantes e que se poderá visitar durante a
primeira quincena de novembro no concello da Lama.

O proxecto cultural "Laboratorio da Paisaxe" nace no 2020 baixo a dirección artística da
arquitecta e xestora cultural Sheila García, a coordinación de Costa Oeste e a colaboración
de Cultura Tirante e Espazo16.
Nesta quinta edición a actividade está organizada polo colectivo Espazo16, coa
colaboración do colectivo O Suído e conta co apoio da área de xuventude da Deputación
de Pontevedra.

Serra do Suído, 24 de outubro de 2024.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade