Actualidade e Noticias



A Xunta financia a rehabilitación dun inmoble para alugueiro social no Concello de Covelo
- 22/10/2024 -

Agustín Reguera aproveitou a visita para destacar dúas das principais actuacións contempladas nos Orzamentos da Xunta para a comarca do Condado-Paradanta
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as obras de rehabilitación dunha vivenda de titularidade municipal no concello de Covelo que será destinada ao alugamento social.

Acompañado polo alcalde, Juan Pablo Castillo, Reguera puido comprobar como avanza a obra, que é posible grazas a un investimento da Xunta de preto de 40.000 euros, ao abeiro da liña de axudas da Administración autonómica para rehabilitación de edificios de titularidade municipal. A actuación permitirá poñer a disposición dunha familia en condicións de vulnerabilidade un inmoble con catro habitacións e máis de 100 metros cadrados situado na Travesía de Vigo, no mesmo edificio que ocupa a escola infantil, a biblioteca e o auditorio municipal.

O delegado territorial destacou a importancia deste tipo de obras destinadas a mellorar a calidade de vida das familias máis vulnerables e asegurou que “este tipo de iniciativas terán sempre o apoio da Xunta de Galicia”. Neste sentido, Reguera lembrou que a vivenda pública é un dos principais retos do goberno galego, que espera chegar ás 8.000 VPP ao final desta lexislatura.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade