Acompañado polo alcalde, Juan Pablo Castillo, Reguera puido comprobar como avanza a obra, que é posible grazas a un investimento da Xunta de preto de 40.000 euros, ao abeiro da liña de axudas da Administración autonómica para rehabilitación de edificios de titularidade municipal. A actuación permitirá poñer a disposición dunha familia en condicións de vulnerabilidade un inmoble con catro habitacións e máis de 100 metros cadrados situado na Travesía de Vigo, no mesmo edificio que ocupa a escola infantil, a biblioteca e o auditorio municipal.
O delegado territorial destacou a importancia deste tipo de obras destinadas a mellorar a calidade de vida das familias máis vulnerables e asegurou que “este tipo de iniciativas terán sempre o apoio da Xunta de Galicia”. Neste sentido, Reguera lembrou que a vivenda pública é un dos principais retos do goberno galego, que espera chegar ás 8.000 VPP ao final desta lexislatura.