Present News



Aberto o prazo para presentar candidaturas aos galardóns €Síntete Covelo€
- 17/10/2024 -

A gala que este ano será o sábado 21 de decembro de 2024 ás 18:30 h no auditorio municipal
Chega un dos momentos máis agardados do ano, os galardóns Síntete Covelo. O Concello informa que xa está aberta a convocatoria para presentar candidaturas. Os galardóns "Síntete Covelo 2024" naceron para a traxectoria de persoas ou entidades que desenvolvan proxectos destacados e relevantes para o concello e para Galicia.

 

Os membros do xurado, composto por tres concelleiras e concelleiros de todos os grupos da Corporación, terán en conta a súa contribución á creación, ás artes, a ciencia ou humanidades, ao deporte, ao medio ambiente e á conservación da contorna e da paisaxe.

 

Calquera persoa poderá presentar candidaturas enivando un informe de méritos ao correo electrónico rexistro.covelo@fegamp.gal ou ben por correo ordinario ou presencialmente nas oficinas do Concello.

 

O prazo para presentar as candidaturas remata o venres 29 de novembro de 2024 ás 14:00 h. Posteriormente celebrarase a gala que este ano será o sábado 21 de decembro de 2024 ás 18:30 h no auditorio municipal.

 

Na anterior edición os “Síntete Covelo” recoñeceron a traxectoria do emprendedor Joaquín Vales Piña, pola súa importancia na industria tradicional grazas ao Serradoiro dos Carranos que chega aos nosos días como relevante xoia do patrimonio industrial do século XX. Tamén recoñeceron ao patinador, xuíz de niveis da Federación Galega de Patinaxe, adestrador do nivel 1 da Federación Española de Patinaxe e deportista de alto nivel, Xabi Gómez Lorenzo.

 

Joaquín Vales Piña recibirá o galardón que recoñecerá o seu espírito emprendedor e. O Serradoiro dos Carranos é, a día de hoxe, un potente atractor de turismo que recibe ao longo do ano milleiros de visitantes.

Para consultar as bases pinchar no seguinte enlace https://concellodecovelo.es/archivos_editor/file/20241001_Outros_DECRETO%202024-0435%20[Decreto%20aprobaci%C3%B3n%20Bases%20Galard%C3%B3ns%20S%C3%ADntete%20Covelo%202024]-1.pdf



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade