Present News



Covelo felicita ao Club Patinaxe Covelo e as súas patinadoras
- 17/10/2024 -

A pasada fin de semana tivo lugar unha nova edición do Trofeo Cruceiro de Covelo
O Concello de Covelo traslada os seus parabéns ao Club Patinaxe Covelo e as súas patinadoras logo de celebrar a pasada fin de semana unha nova edición do Trofeo Cruceiro de Covelo. Unha proba deportiva que levou ao Concello de Covelo a máis de 150 patinadoras e patinadores das categorías benxamín e alevín. Deportistas autonómicos e nacionais chegados de clubs de toda Galicia mediron as súas forzas nos niveles 1, 2, 3, 4, 5 e 6.

 

A patinadora local de nivel 2 Noa Estrada quedou primeira e Aldara Lugo, segunda no nivel 4 mentres que María Rodríguez quedou segunda no nivel 5 e no nivel 6 Lucía Piay acadou a terceira posición. A patinadora Leyre Chapela quedou primeira e Naia Lugo segunda e en alevín Noa Martínez fíxose co primeiro posto.

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade