Present News



Covelo avanza na rede de saneamento
- 11/10/2024 -

O Concello investirá 69.753,81€ para un novo ramal no barrio de Vales, Maceira, e outro en Carballeda ademais de novas acometidas nos barrios da Ermida e Baldomar
O goberno de Covelo, liderado por Pablo Castillo, continua investindo esforzos na mellora da rede de saneamento municipal e contrata unha nova fase para o barrio de Carballeda, na parroquia de Santiago de Covelo e para o barrio de Vales en Maceira.


O Concello investirá 69.753,81€ para un novo ramal en Carballeda, outro en Vales, acometidas en Baldomar, Santa Marina e acometida na Ermida, Santiago de Covelo. Unha rede de saneamento axeitada non só é un servizo indispensable para a cidadanía, tamén supón unha protección do entorno medioambiental, patrimonio que o goberno de Covelo considera prioritario respectar e preservar.


As obras dos ramais suporán executar colectores, construír pozos de rexistro, corte e reposición de pavimentos, limpeza de cunetas e arcéns; ademais de sinalizar con marcas viais horizontais as marxes do camiño.


Neste ano o Concello tamén executou o ramal de saneamento e bombeo en Maceira contando cunha aportación da Xunta de máis de 69.700 euros que permitíu que este servizo chegara a todas as vivendas coa ampliación da rede de colectores. Os traballos incluiron a construción dun colector de saneamento e dun pozo de bombeo, así como a instalación dun cadro eléctrico. Tanto esta intervención como as que se contratan agora materialízase a través da liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destinado a apoiar os Concellos nas melloras que repercutran no medio natural.


A estas accións de mellora súmase a axuda conseguida do organismo dependente da Xunta, Augas de Galicia, de 21.874 euros para a realización de auditorías nas redes de saneamento.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade