Present News



Covelo inviste preto de vintecinco mil euros en pavimentación de viais municipais
- 09/10/2024 -

O Concello executou obras de limpeza e reparación en tramos de Casteláns, en Bugariña Godóns, San Salvador de Prado e Santiago de Covelo
O Concello de Covelo investiu 22.837,75€ no arranxo de vías municipais de acceso a fogares en distintas parroquias. Co apoio do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra executaronse traballos de limpeza, saneo de raíces, recheo, instalación de tubaxes e pavimentación na pista de Bugariña en Godóns, na pista de A Costa en Casteláns, na pista a Carballeda en Santiago de Covelo e na pista Coveliño-Loureiros en San Salvador de Prado.


As intensas chuvias do inverno causaron un forte deterioro do firme en numerosas estradas municipais por este motivo ao longo destes meses as brigadas municipais traballaron na reparación dos puntos máis prexudicados.


O alcalde, Pablo Castillo, reafirma a súa intención en enfocar a xestión municipal na mellora do día a día da veciñanza e continua investindo no mantimento e mellora dos espazos públicos, “atendendo á demanda da cidadania actuouse naqueles puntos máis deteriorados para evitar maiores danos e facilitar o tránsito dos vehículos. A climatoloxía adversa provoca un maior desgaste das vías municipais en todas as parroquias por este motivo pedimos aos nosos veciños e veciñas paciencia e adiantamos que, na medida do alcance dos nosos recuros, se irán reparando todos os tramos que o precisen”.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade