Actualidad y Noticias



El escritor Antonio Labaña recita en Covelo en un acto solidario en favor de Zambia
- 04/10/2024 -

La fundación Lusekelo-Alegría organiza un recital poético a la luz de las velas de la mano del creador Antonio Labaña Serrano
A parroquia de Barcia de Mera, en Covelo, acolle este sábado día 5 ás 20:00 horas o recital poético “El guerrero vencido” de Antonio Labaña Serrano. Á luz das candeas o escritor e escultor murciano recitará a favor de Zambia nun acto organizado pola Fundación Lusekelo-Alegría na igrexa de San Martiño.


A entrada será libre e todas as persoas que o desexen poderán deixar unha doazón para as persoas da vila Kassempa. Todo comezou nunha das edicións de ArteAldea en Piñeiro de Areas, Covelo, cando Marcos interpretaba unha obra infantil co seu grupo Kamaus. Alí coñeceu ao escritor Antonio Labaña e xuntos artellan hoxe este recital poética que apela á solidariedade para recadar fondos que fagan chegar ás veciñas e veciños desta localidade africana.


A Fundación LUSEKELO – ALEGRÍA, é unha sociedade sen ánimo de lucro cuxo fin é promover e activar o desenvolvemento integral dos individuos e colectivos aos que a pobreza, a enfermidade ou calquera outra situación de indixencia lles impide acadalos polos seus propios medios, centrándose naquelas comunidades pouco coñecidas e de pouco atractivo publicitario, o que dificulta a recepción de axudas.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade