A entrada será libre e todas as persoas que o desexen poderán deixar unha doazón para as persoas da vila Kassempa. Todo comezou nunha das edicións de ArteAldea en Piñeiro de Areas, Covelo, cando Marcos interpretaba unha obra infantil co seu grupo Kamaus. Alí coñeceu ao escritor Antonio Labaña e xuntos artellan hoxe este recital poética que apela á solidariedade para recadar fondos que fagan chegar ás veciñas e veciños desta localidade africana.
A Fundación LUSEKELO – ALEGRÍA, é unha sociedade sen ánimo de lucro cuxo fin é promover e activar o desenvolvemento integral dos individuos e colectivos aos que a pobreza, a enfermidade ou calquera outra situación de indixencia lles impide acadalos polos seus propios medios, centrándose naquelas comunidades pouco coñecidas e de pouco atractivo publicitario, o que dificulta a recepción de axudas.