Agenda
Visita al Patrimonio Eclesiástico de Covelo
- 15/07/2017 -
Visita al Crucero del Cristo de los Afligidos, al Santuario de Nuestra Señora al Pie de la Cruz de Baldomar, a las ruinas de la Iglesia de Santa María de Casteláns y al Conjunto Abacial de Barcia de Mera.
Salida a las 11:00 horas de la plaza del ayuntamiento y terminaremos la visita sobre las 14:00 horas.
Salida a las 11:30 horas de la plaza del ayuntamiento y terminaremos la visita sobre las 14:00 horas.
Saída dende a praza do Mestre Cerviño en Covelo ás 11:00 horas.

Primeiro explicarase o Cruceiro do Cristo dos Aflixidos que se encontra na praza. De alí iremos o Santuario da Nosa Señora ao pe da Cruz de Baldomar onde se fará unha visita ó conxunto, describindo a devoción que lle deu orixe (a doazón realizada pola Marquesa de Vaamonde da reliquia consistente nun fragmento da Santa Cruz de Cristo), o conxunto arquitectónico, o seu encaixe histórico, a súa evolución como lugar de culto mais alá do entorno parroquial,  e incluíndo a descrición do singular baldaquino e a súa utilización e integración no ritual do culto (representación dun Cristo articulado para realizar o encrave e desencrave na representación da pasión e morte de Xesús).

Despois, e como novidade, visitaremos as ruinas da igrexa románica de Santa María de finais do século XII, que formaba parte dun antigo mosteiro de monxas benitas, e que se atopa na parroquia de Casteláns.

Finalmente, iremos visitar o Conxunto Abacial de Barcia de Mera (veremos o Retablo maior de San Martiño, Retablos de San Xosé e do Carmen, Retablo do Rosario e de Ánimas e Retablo de Santa Lucía e San Bieito, tamén  farase unha explicación do Pazo Abacial) onde rematará a visita guiada.

A hora estimada para rematar a visita é ás 14:00 horas.

É necesario dispor dun vehículo para poder desprazarse dun lugar a outro.

Para inscribirse, pódeno facer a través da páxina do facebook “Covelo Tourism” cunha mensaxe privada, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no telefono 638 015 428. Facilitando o nome e un teléfono de contacto.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade