Novas
Participa no 1º Certame Artespantallos, do 9 ó 31 de maio de 2008
- 05/05/2008 -
Baixo o eslogan Artespantallos, preténdese recuperar unha tradición esquecida, cecais porque a despoboación e a avanzada idade de moitos labregos truxeron o abandono dos campos e a perda deste feito funcional e estático. Agora buscando con esta proposta obter unha sensibilidade e reflexión a hora de intervir no entorno rural con unha mirada renovada, diferente do que no presente nos rodea, capaza de rescatar detalles e soster diálogos nas aldeas, proponse unha actuación sinxela na que pode participar todo o mundo. O obxectivo dos organizadores é crear unha ruta dos espantallos que permita dar paseos polos lugares donde se atopen permitindo coñecelos e entablar conversacións coas persoas do entorno, encantar a paisaxe e a xente, vieiro que será publicado a partir do día 9 de maio. Información e contacto na Asociación Cultural a Cañada da Arte, nos teléfonos 609 532 081 e 667 07 07 14. ¡¡Podes ver un video reportaxe neste enlace!!


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade