Novas
Ruta "Sendeiro das Estrelas"
- 27/08/2017 -
É o segundo ano que facemos esta ruta, ser os primeiros en gozar da fermosa Fervenza de Parrelos.
Dificultade baixa. Saída dende a Praza do Mestre Cerviño en Covelo ás 09:30 horas para dirixirnos a Igrexa parroquial de San Salvador de Prado onde empeza a ruta, cunha duración aproximada de 3 horas.
Ruta líneal de 8 quilómetros que recorre as terras do "Val do Tielas" e as primeiras fragas do río Tea. Pasaremos polo muíños do Cende, pola Caldeira (fervenza) de Parrelos, pola Ponte Abuiña e pola Carballeira do Rei en Prado. Tamén nos acompañará na nosa andaina as vistas panorámicas do val e da serra.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodos, gorra e botella de auga para facer a ruta. Tamén se suxire levar roupa de baño para poder darse un baño ou refrescarse nas pozas naturais da fervenza de Parrelos.


Para inscribirse, pódeno facer a través da páxina do facebook “Covelo Tourism” cunha mensaxe privada, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no telefono 638 015 428. Facilitando o nome e un teléfono de contacto.

 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade